lunes, 6 de junio de 2011

Picos de Europa en Cantabria

Esta Primavera aproveitando un par de estancias en Santillana del Mar achegueime ata Picos de Europa.
Sen saír de de Santillana pódense ver bastantes cousas. Como numerosos Milvus migrans coma este fotografado dende a fiestra do apartamento.


Un mínimo de catro Otus scops.
Unha boa cantidade de Bubulcus ibis polos campos e instaladas nesta colonia xunto ó zoo. Xunto con algunha Ardea cinerea e uns próximos niños de Ciconia ciconia.



Xa en Picos fun un pouco a aventura sen información da zona e isto foi o que puiden ver máis ou menos interesante.

· Neophron percnopterus, 2 ex.
· Gyps fulvus, incontables.
· Circaetus gallicus, 1 ex.
· Hieraaetus pennatus, 1 ex.
· Perdix perdix, 1 ex.
· Dendrocopos medius, 1 ex.
· Anthus spinoletta, moi numeroso.
· Prunella collaris, 2 ex.
· Oenanthe oenanthe, bastante numerosa.
· Monticola saxatilis, 1 macho.
· Parus palustris, 1 ex.
· Pyrrhocorax graculus, moi común na zona e as máis simpáticas con diferancia.
· Montifringilla nivalis, 5 ex.

Gyps fulvus aparecián por todos lados.

Prunella collaris

Oenanthe oenanthe


Pyrrhocorax graculus, as confiadas da zona. Cheguei a ter máis dun cento voando ó meu redor e unhas trinta pousadas ó meu carón. Elas ían ó seu "rollo" e deixábanse fotografar sen problemas.
Bastantes exemplares estaban anelados como podedes ver.

Imaxe tomada a 24mm

Montifringilla nivalis, a ave que máis ilusión me fixo ver.

Os Rebecos tamén se deixaban ver ben pola zona.