jueves, 29 de septiembre de 2011

O Moucho (Athene noctua) na provincia de Pontevedra

Como ben sabedes este ano O Moucho (Athene noctua) foi declarada Ave do ano tanto en Galicia pola SGO e a nivel estatal pola SEO.
Xa na antiga Grecia foi animal sagrado da deusa Atenea e de aí o seu nome científico (Athene). Os Gregos si que sabían. Hoxe en día aínda se sigue tratando como ave de mal agoiro polos seus reclamos nocturnos.


Esta pequena e entrañable ave rapaz é unha das especies nocturnas máis común da Península Ibérica. Aínda que sufriu unha gran diminución nos últimos anos. As concentracións parcelarias trouxeron consigo a eliminación de moitos lindeiros en zonas de cultivo, privando a esta e outras aves de onde aniñar e puntos para capturar as súas presas (principalmente grandes insectos). Coa agricultura intensiva intensificouse o uso de praguicida a gran escala. Envelenando ós Mouchos por medio dos insectos e pequenos micromamíferos que estes comen. Unha teoría persoal e que os praguicidas non teñen por que matar os Mouchos directamente, se non que ó irse acumulando estas sustancias no seu organismo pode provocar diferentes patoloxías como a falta de fecundidade. O cal estase notando nos últimos anos o mal que se lles fixo en décadas anteriores o ir morrendo exemplares adultos e a ausencia de aves máis novas que ocupen os mesmos lugares.

Os atropelos, seguramente tamén sexan un bo causante de moitas mortes

Sen meterme en grandes fonduras vou centrarme no pequeno traballo que veño facendo nos últimos meses. A idea foi simple e clara. Tentar facer un mapa da provincia de Pontevedra co actual estado de zonas ocupadas pola especie, independentemente se crían neses territorios ou non.
Ante todo agradecer a todas as persoas que quixeron aportando datos de lugares onde levan visto o Moucho nos últimos anos (18 persoas colaboraron). Gracias a todos.
Os resultados foron un total de 111 territorios con presencia da especie. Sendo o 98% dos datos aportados dende 2007 ata día de hoxe. No meu caso conseguín re-localizar todos os territorios que xa coñecía e facendo a búsqueda de campo ata primeiros de Xullo para evitar a dispersión xuvenil.
O 100% dos territorios que coñezo onde viven, están todos instalados en construcións humanas. Ben sexan casas, galpóns, balados, escombros ... destacando a adaptación da especie na cidade de Pontevedra, gracias ós datos aportados por diferentes compañeiros.
Así se distribúen as zonas de contacto coa especie. Marcando tres grandes áreas en vermello, onde considero que son potenciais para albergar a especie e onde non puiden fixen ningunha mostraxe.



Para o meu entender atópase nunha sitación non excesivamente desfavorable na nosa provincia, aínda que sería interesante a colocación de caixas niño para tentar evitar conflitos cos humanos ou potenciar a súa presencia en amplas zonas de cultivo coma no Deza.
A dispersión da nosa poboación con infinidade de pequenas aldeas con campos ó seu redor nos que se fai unha agricultura "doméstica", creo que lle esta dando unha oportunidade a estas aves para seguir subsistindo.


A miña impresión é, que hai máis Mouchos dos que parece. So temos que buscar nos lugares axeitados e as horas propicias para detectalos. Sen ir a amplas zonas de campos. Buscar nos lindes das vivendas mediante escoitas e observacións crepusculares, creo que irían saíndo moitos máis datos. Nesta imaxe vese unha idea ilustrativa do que quero dicir.

Na península do Morrazo onde se presumía moi rara, saíume a especie en tres territorios nunha soa incursión (creo que é un dato significativo).

Algunhas imaxes de distintos encontros .

Non sei si estes datos valerán para ter unha idea de como anda a especie ou non, pero a experiencia foi moi satisfactoria non só cos Mouchos. Avenoiteiras, Avelaionas, Curuxas e Mouchos de orellas tamén formaron parte deste camiño.



Cando pase os meus datos a limpo serán enviados ó NOG.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Datos de campo

Os últimos días practicamente non puiden ir a ver aves, pero si podo aportar algún dato curioso.
Na Serra do Suído puiden ver o pasado día seis a unha femia de Lanius collurio con polos voandeiros. Os pequenos aínda conservaban gran parte de plumón. Nunca vira uns polos tan tardíos e isto significa que tiveron que facer a posta a primeiros de Agosto.


Un ano máis podo confirmar a presencia no paso posnupcial de Motacilla flava thunbergi. Observado este exemplar de 1º inv. na Serra do Suído.

E tamén algunha M. flava ssp con características fora dos patróns habituais e unha identificación practicamente imposible. Estas son as fotos puiden facer, para todo tipo de ideas quen as queira aportar.

A ave para min ten unhas tonalidades que non se corresponde cos exemplares observados habitualmente. O que máis destacaba no campo foi o seu aspecto agrisado e a gran pureza do branco. Tendo amarelo principalmente na zona cloacal e primarias.
As imaxes non son moi boas pero tamén se lle aprecia unha lixeira tonalidade máis escura na meixela.

martes, 6 de septiembre de 2011

Egagrópila de Corvus corone

As egagrópilas son bolas formadas por restos de alimento que as aves non poden dixerir e logo as regurxitan. As máis coñecidas son as das aves rapaces, as que principalmente están compostas de ósos e pelo das súas presas. Outras aves como os corvidos tamén o fan como no caso que amoso de este Corvo pequeno (Corvus coroe).

Creo que as imaxes non teñen moito que explicar.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Paso de Agosto

Este mes de Agosto estibo caracterizado pola entrada de Lagarteiros das torres (Falco naumanni) integrados en diferentes grupos de Lagarteiro común (Falco tinnunculus) pola Serra do Suído. Con un máximo de 12 ex. que puiden ver o pasado día dez.



Tamén destacar a observación de:
1 ex. de Sylvia cantillans
2 ex. de Aegypius monatus
1 F. de Circus cyaneus
estas aves son raras pola zona.

Circus cyaneus acosando a Corvus corone

Oenanthe oenanthe ou Anthus campestris, estanse deixando ver en bo número polo Suído mesturándose con exemplares locais.
Oenanthe oenanthe

Anthus campestris

Saxicola rubetra

Grupo familiar de Monticola saxatilis

Lanius meridionalis hai un mínimo de 3 ex. presentes cando menos dende o mes de Xullo no Suído.


Lanius collurio e Circus pygargus tiveron por estas zonas un bo ano de cría.

Lanius collurio

Circus pygargus

Circus pygargus e Delichon urbica

Aínda se poden ver exemplares de Circaetus gallicus pola serra ou os que semellan grupos familiares de Pernis apivorus en zonas de cría habitual tanto pola Lama como por Soutomaior.

Circaetus gallicus

Pernis apivorus
As Motacilla flava estanse comezando a animar. Xa se deixan ver exemplares da ssp. flava como flavissima.

Motacilla flava

Turdus viscivorus