miércoles, 7 de noviembre de 2012

Hieraaetus fasciatus e Redondela


O pasado Sábado 3 de Novembro de regreso para a casa, puiden ver a altura de Rande (Redondela) un exemplar de Aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus). O exemplar voaba a pouca altura tenteando os campos a carón da estrada e acosado por algunhas gaivotas. Unha magoa non ter a cámara no coche.
Son poucos os rexistros de esta especie en Galicia. Un deles foi en 2011 onde unha femia do programa do programa de recuperación da especie en Madrid pegouse un garbeo por Galicia, cruzando a Serra do Suído e chegando ata Malpica.

Mapa de Manuel Galán do Grupo Grefa

Como non teño imaxes da Perdiceira poño unha desta Aguia real (Aquila chrysaetos) que se segue vendo pola Serra do Suído.



Tamén no Suído puiden ver fai uns días este exemplar de Tartaraña das Xunqueiras (Circus aeruginosus). É a primeira vez que vexo esta especie na serra onde se atopaba cazando moi activa en zona de matogueira e logo quedou repousando entre fentos secos.




Onte mesmo no Suído puiden ver este macho de Escribenta das Neves (Plectrophenax nivalis)




Algunha outra cita de interese foi este Mergullón Cristado (Podiceps cristatus) no encoro de Eiras


 
 e esta Pica costeira (Anthus petrosus) en Mougás (Oia).


miércoles, 3 de octubre de 2012

Seguimos no Suído


Creo que este ano, ao meu ver, lévase a palma as Píllaras rubias (Charadrius morinellus) como citas de interese na Serra do Suído. Por iso creo e as vou deixar para unha entrada aparte nos próximos días. Aínda que tamén subliñar a presencia constante de Voitres na serra e, facendo unha mención especial a dous Voitres negros (Aegypius monachus) que me fixeron ter as observacións máis incribles da miña vida. Non só por ter observacións a auténtico pracer; senón que para min observalos por aquí... e que ten un re-gusto especial!
Este da imaxe atopeino así tal cal, ao cruzar o alto dun coto. Non creo que estivese nin a vinte metros.


Este Voitre leonado (Gyps fulvus) tiña enganchado unha especie de cordel.


Fai uns días esta Aguia real (Aquila chrysaetos) puiden observala na Serra do Suído, mentres rastrexaba as ladeiras da serra en busca de presas. Con un vento infernal do norte e coas primeiras luces do día (por iso a mala calidade das imaxes) foi cruzando a ladeira onde me atopaba para sobrevoarme a baixa altura. O exemplar portaba anela de pvc branco. Por iso supoño que é do proxecto de recuperación da especie en Galicia. Parece que non lles desgusta O Suído.







Aínda que non é unha ave tamén ten ás. Esta Mosca asasina é inofensiva para as persoas, pero un auténtico predador de insectos. Captura os insectos co seu corpo acoirazado e inxéctalle a súa saliva para paralizalos e provoca que se licúen no seu interior para logo chuchalos; como é no caso da imaxe.


jueves, 13 de septiembre de 2012

Paso de Setembro

Este pasado Mércores fun ata a Serra do Suído, ben cedo pola maña. Quizais demasiado cedo. Mentres ía andando pola serra e con todo aínda mollado pola humidade da noite; a escasos dous metros de min levantáronse dúas Píllaras rubias (Charadrius morinellus), que se atopaban encamadas entre a vexetación. As aves saíron voando e perdéndoas na distancia. Fixandome na dirección que tomaron fun en busca de se tiña sorte e as daba localizado.
A miña idea non era mala que a un quilómetro de distancia topeime outra vez coas aves. Estas xa se atopaban alimentándose tranquilamente.




Mentres lle facía as fotos pertinentes un terceiro exemplar chegou voando e pousouse nas proximidades. Ó rato xa se xuntaron as tres aves. Non controlo moi ben as idades pero en principio parecen 2 xuv. e 1 1º inv.


Ata que a névoa o cubriu todo.



Un ano máis puiden observar a presencia pola serra da ssp de Lavandeira amarala (Motacilla flava thunbergi). Hai uns días vin un exemplar pero non teño imaxes para comparar con este que vin onte. Aínda que as observacións foron en puntos diferentes, non podo asegurar que sexan distintos, dado que se moven bastante de un lado para outro.


M. flava thunbergi



 M. flava flavissima


 M. flava flava


 Fai unha semana na zona de Berducido (A Lama) tamén andaba este exemplar de Aguia caudal (Hieraaetus penantus).


martes, 4 de septiembre de 2012

Serra do Suído

Este pasado Luns con bastante vento do nordés, dinme unha volta pola Serra do Suído e,  a cousa estaba animada. Hoxe vou poñer os números de aves que puiden ver que sexan de un certo interese. A gran maioría de un pequeno traxecto a pé pola serra.

Voitre sp - 3 ex.
Voitre leonado (Gyps fulvus) 6 ex.
Voitre negro (Aegypius monachus) 2 ex.
Aguia albela (Circaetus gallicus) 4 ex.
Gatafornela (Circus cyaneus) 1 ex. macho
Tartaraña cincenta (Circus pygargus) 4 ex.
Miñato (Buteo buteo) 6 ex.
Lagarteiro (Falco tinnunculus) 20 aprox.
Picanzo real (Lanius meridionalis) 2 ex.
Picanzo vermello (Lanius collurio) 6 ex.
Pica papuda (Anthus campestris) 3 ex.
Lavandeira amarela (Motacilla flava) 5 ex.
Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) 2 ex.
Chasco norteño (Saxicola rubetra) 24 ex.
Picafollas musical (Phylloscopus trochilus) escoitados barios ex.

Á entrada da serra, na aldea de Airoa
Papamoscas cincento (Muscicapa striata) 3 ex.

Muscicapa striata na Serra Suído








Anthus campestris na Serra do Suído


Lanius meridionalis na Serra do Suído



Circus cyaneus na Serra do Suído



Athune noctua en Moreira (Soutomair)


Este ano creo que, non ten precedentes en canto a observación de Voitres na Serra do Suído. O que máis me sorprende e que están pasando algúnhas noites na serra.
Este estartelado Voitre negro (Aegypius monachus) é un dos dous que puiden ver. Aparentemente é un exemplar de 3º ano que pousou nunha zona de rochas, mentres caía a noite e se lle pechaban os ollos.







sábado, 1 de septiembre de 2012

Máis Elanus


Onte pola maña de camiño a Serra do Suído e cos primeiros raios de sol, atopeime con este adulto de Lagarteiro cincento (Elanus caeruleus) en Pazos de Borbén. Comezando ben o día!

Elanus caeruleus

Xa na serra, o máis destacado foi atopar 4 Voitres leonados (Gyps fulvus) e 1 Voitre negro (Aegypius monachus). Puiden diferenciar dous Gyps fulvus, un inmaturo e outro adulto, e o Aegypius monachus como xuveníl. Estiveron toda a mañá pola serra e incluso baixaron polas aldeas do concello de A Lama.




Gyps fulvus - Aegypius monachus



Puiden ver os meus primeiros Chascos norteños (Saxicola rubetra) do paso, e outras especies de sempre como Anthus campestris, Circaetus gallicus, Circus pygargus, Lanius collurio, etc.

Saxicola rubetra


Falco tinnunculus VS Circus pygargus

O Xoves na enseada de San Simón, este xuvenil de Aguia pescadora (Pandion haliaetus) achegouse o suficiente para facerlle algunha foto.


Pandion haliaetus

lunes, 20 de agosto de 2012

Algunhas citas de interese


Vou facer un pequeno resumo de algunhas citas de interese nestas últimas semanas. Ente elas unha especie nova para min en Galicia.
Unha das que tiña ganas de ver outra vez é o Lagarteiro cincento (Elanus caeruleus), atopando este exemplar adulto case por casualidade no concello de Baltar en (OU).


                                                                   Elanus caeruleus


Os Voitres parece que este ano estiveron flutuando bastante polas serras de Pontevedra e entre eles os xa case anuais Voitres negros (Aegypius monachus). Este inmaturo Voitre negro deixouse ver a pracer pola Serra do Suído.


                                                                Aegypius monachus



Unha ano máis déixanse ver Lagarteiro das torres (Falco naumanni) na Serra do Suído, atopando 4 ex., aínda que na última visita non puiden ver ningún. Seguen aumentando o número de Lagarteiro común (Falco tinnunculus), contabilizando entre 35 e 40 ex. para o Suído.

                                                                   Falco tinnunculus



                                 Miñato negro (Milvus migrans) en Oitavén (Fornelos de Montes)


Por último foi atopar esta sorpresa no día de onte. A miña primeira observación de un Gaio azul (Coracias garrulus). Atopábase capturando insectos na zona de A Portela en Oia (PO).

                                                                Coracias garrulus