domingo, 8 de abril de 2012

Distribución e hábitat de ANTHUS CAMPESTRIS na Serra do Suído

A escasas datas de que vaian chegando os primeiros exemplares Pica papuda (Anthus campestris) vamos ver un pouco como é súa distribución e estado dentro da Serra do Suído.


Segundo o meu punto de vista a especie está nunha clara expansión na Serra do Suído, con cada vez máis avistamentos tanto por número de exemplares coma por zonas distintas da serra. É de supoñer que algo semellante poida estar sucedendo en serras próximas con zonas semellantes as da Serra do Suído. Eu mesmo teño algún contacto coa especie tanto na Paradanta como no Faro de Avión.


O hábitat principal da Pica papuda no Suído ven atopándose polas nas zonas altas con vexetación rala, con mato moi baixo e con zonas desprovistas case de vexetación, onde a estas lles gusta campar e alimentarse.



A especie sitúase maioritaria-mente na zona Sur-oriental da serra e coincidindo gran parte en zonas onde están instalados os aeroxeradores actualmente.

En vermello aprox. os límites do Suído e azul as zonas de maior influencia da especie.

O feito de atopar a especie en numerosas ocasións xunto as pistas do parque eólico, deume a pensar se isto pode estar a favorecer a expansión da especie na serra. Por iso no pasado 2011 estiven facéndolle un seguimento máis polo miúdo a especie en cada visita a serra e, estas son as conclusións.

Anthus campestris no parque eólico:

·En ningún caso atopei aniñando a especie en zonas onde pasaron as máquinas e modificaron a vexetación.

·A especie aparece noutras zonas onde o territorio reúne as condicións óptimas, con igual frecuencia que nas zonas de aeroxeradores.

·As observacións acentúanse nas zonas dos aeroxeradores a partir de Agosto. Coincidindo xa coa dispersión de exemplares.

Creo que os parques eólicos non inflúen nos niveis de poboación. Máis ben se instalaron
nas zonas axeitadas para criar esta especie, pero si influíndo como zonas onde lles gusta moverse.

Non todos os territorios que ocupa a Pica papuda hai exemplares criando, aínda que os vexamos con frecuencia. Non é raro atopar machos territoriais que non teñen parella.
Polo xeral as parellas unha vez que pasa o cortexo, os machos deixan de facer reclamos ostentosos non máis alá do mes de Xuño.

Escena de cortexo


Pola contra os machos territoriais e sen parella están toda a tempada de cría reclamando constantemente.



Os seus reclamos emítenos case sempre dende outeiros (se dispoñen del) e de vez en cando mentres alzan o voo a certa altura. Un pequeno exemplo vese neste vídeo.


Pica papuda no seu hábitat.



Exemplar mudando en Agosto

Xuvenil

Espero que este post anime a máis xente a buscar este especie polo territorio galego en prol dun maior coñecemento da súa situación na nosa comunidade.

4 comentarios:

Sergio París dijo...

Estupenda entrada Oscar, parabéns por ela e polo curro que fas no Suído.

Unha aperta!

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Únome aos parabéns de Sergio. Excelente entrada. No Grove vina un 20.05.2000 nas dunas da praia da Mexilloeira, e sei que hai máis citas en Sanxenxo.

Saúde,
Damián

José Miguel Alonso Pumar. dijo...

Noraboa Óscar! Felicítote como o fixeron Sergio e Damián.
Na miña humilde opinión a túa é, con diferencia, unha das notas máis acertadas sobre unha especie presente en Galicia das que teño lido nos derradeiros tempos. E digo isto porque se trata dunha especie non completamente estudiada na nosa terra en canto a fenoloxía, distribución (por riba de todo) e hábitos. Incluso diría que en estatus tampouco.
E para min ti introduces moita luz sobre o asunto.
Gracias.

Óscar M. Roza dijo...

Gracias a vos polo interese.
Dise que gota a gota faise o río. Na miña humilde contribución só espero ser unha unha gota nese río que formamos entre todos.

Un saúdo e gracias