jueves, 13 de septiembre de 2012

Paso de Setembro

Este pasado Mércores fun ata a Serra do Suído, ben cedo pola maña. Quizais demasiado cedo. Mentres ía andando pola serra e con todo aínda mollado pola humidade da noite; a escasos dous metros de min levantáronse dúas Píllaras rubias (Charadrius morinellus), que se atopaban encamadas entre a vexetación. As aves saíron voando e perdéndoas na distancia. Fixandome na dirección que tomaron fun en busca de se tiña sorte e as daba localizado.
A miña idea non era mala que a un quilómetro de distancia topeime outra vez coas aves. Estas xa se atopaban alimentándose tranquilamente.




Mentres lle facía as fotos pertinentes un terceiro exemplar chegou voando e pousouse nas proximidades. Ó rato xa se xuntaron as tres aves. Non controlo moi ben as idades pero en principio parecen 2 xuv. e 1 1º inv.


Ata que a névoa o cubriu todo.



Un ano máis puiden observar a presencia pola serra da ssp de Lavandeira amarala (Motacilla flava thunbergi). Hai uns días vin un exemplar pero non teño imaxes para comparar con este que vin onte. Aínda que as observacións foron en puntos diferentes, non podo asegurar que sexan distintos, dado que se moven bastante de un lado para outro.


M. flava thunbergi



 M. flava flavissima


 M. flava flava


 Fai unha semana na zona de Berducido (A Lama) tamén andaba este exemplar de Aguia caudal (Hieraaetus penantus).


4 comentarios:

Cosme Damian Romai Cousido dijo...

Moi boa a cita das píllaras rubias! Parabéns!!! E parabéns de novo pola calidade extraordinaria das fotos.

Apertas,
Damián

Óscar M. Roza dijo...

A verdade que estas aves sempre presta moito atopalas no campo.

Un saúdo

Xabier V. Pumariño dijo...

Olá Oscar: lembreime de ti hoxe, ía contactar contigo. Esta mañán vin 5 no Suído e achegueime moitísimo, tanto que xa non me enfocaba o tele, mesmo as filmei e todo (pensei que tiña a exclusiva!!)
apertas

Óscar M. Roza dijo...

Ola Xabier, a ver se aguantan e cae algunha máis. As cinco están cando menos dende o Luns e o Domingo tamén un exemplar na Serra da Groba.

Un saúdo e xa subirei algunha fato máis.