miércoles, 3 de octubre de 2012

Seguimos no Suído


Creo que este ano, ao meu ver, lévase a palma as Píllaras rubias (Charadrius morinellus) como citas de interese na Serra do Suído. Por iso creo e as vou deixar para unha entrada aparte nos próximos días. Aínda que tamén subliñar a presencia constante de Voitres na serra e, facendo unha mención especial a dous Voitres negros (Aegypius monachus) que me fixeron ter as observacións máis incribles da miña vida. Non só por ter observacións a auténtico pracer; senón que para min observalos por aquí... e que ten un re-gusto especial!
Este da imaxe atopeino así tal cal, ao cruzar o alto dun coto. Non creo que estivese nin a vinte metros.


Este Voitre leonado (Gyps fulvus) tiña enganchado unha especie de cordel.


Fai uns días esta Aguia real (Aquila chrysaetos) puiden observala na Serra do Suído, mentres rastrexaba as ladeiras da serra en busca de presas. Con un vento infernal do norte e coas primeiras luces do día (por iso a mala calidade das imaxes) foi cruzando a ladeira onde me atopaba para sobrevoarme a baixa altura. O exemplar portaba anela de pvc branco. Por iso supoño que é do proxecto de recuperación da especie en Galicia. Parece que non lles desgusta O Suído.







Aínda que non é unha ave tamén ten ás. Esta Mosca asasina é inofensiva para as persoas, pero un auténtico predador de insectos. Captura os insectos co seu corpo acoirazado e inxéctalle a súa saliva para paralizalos e provoca que se licúen no seu interior para logo chuchalos; como é no caso da imaxe.


No hay comentarios: