lunes, 9 de abril de 2012

Píllara rubia (Charadrius morinellus) na Serra do Suído

Onte día nove fun facer un ruta prefixada pola Serra do Suído, como é costume. O forte vento non acompañou para moitas observación en todo o traxecto. Unha Aguia albela (Circaetus gallicus) e algún Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) foi o máis destacado ata que cheguei ó final do meu destino. A escasos tres metros de min levantou o voo unha peque na ave de cor parda. Pousándose non moi lonxe, descubro que é unha Píllara rubia (Charadrius morinellus). En concreto este macho das imaxes.




Sen dúbida un agasallo que nin se me pasara pola cabeza atopar neste paso prenupcial.




Macho (Oenanthe oenanthe)

Femia (Oenanthe oenanthe)


Circaetus gallicus


A última hora da tarde na costa de Vigo perto de Bouzas puiden ver por casualidade este exemplar de Pirlo escuro (Calidris maritima).


domingo, 8 de abril de 2012

Distribución e hábitat de ANTHUS CAMPESTRIS na Serra do Suído

A escasas datas de que vaian chegando os primeiros exemplares Pica papuda (Anthus campestris) vamos ver un pouco como é súa distribución e estado dentro da Serra do Suído.


Segundo o meu punto de vista a especie está nunha clara expansión na Serra do Suído, con cada vez máis avistamentos tanto por número de exemplares coma por zonas distintas da serra. É de supoñer que algo semellante poida estar sucedendo en serras próximas con zonas semellantes as da Serra do Suído. Eu mesmo teño algún contacto coa especie tanto na Paradanta como no Faro de Avión.


O hábitat principal da Pica papuda no Suído ven atopándose polas nas zonas altas con vexetación rala, con mato moi baixo e con zonas desprovistas case de vexetación, onde a estas lles gusta campar e alimentarse.



A especie sitúase maioritaria-mente na zona Sur-oriental da serra e coincidindo gran parte en zonas onde están instalados os aeroxeradores actualmente.

En vermello aprox. os límites do Suído e azul as zonas de maior influencia da especie.

O feito de atopar a especie en numerosas ocasións xunto as pistas do parque eólico, deume a pensar se isto pode estar a favorecer a expansión da especie na serra. Por iso no pasado 2011 estiven facéndolle un seguimento máis polo miúdo a especie en cada visita a serra e, estas son as conclusións.

Anthus campestris no parque eólico:

·En ningún caso atopei aniñando a especie en zonas onde pasaron as máquinas e modificaron a vexetación.

·A especie aparece noutras zonas onde o territorio reúne as condicións óptimas, con igual frecuencia que nas zonas de aeroxeradores.

·As observacións acentúanse nas zonas dos aeroxeradores a partir de Agosto. Coincidindo xa coa dispersión de exemplares.

Creo que os parques eólicos non inflúen nos niveis de poboación. Máis ben se instalaron
nas zonas axeitadas para criar esta especie, pero si influíndo como zonas onde lles gusta moverse.

Non todos os territorios que ocupa a Pica papuda hai exemplares criando, aínda que os vexamos con frecuencia. Non é raro atopar machos territoriais que non teñen parella.
Polo xeral as parellas unha vez que pasa o cortexo, os machos deixan de facer reclamos ostentosos non máis alá do mes de Xuño.

Escena de cortexo


Pola contra os machos territoriais e sen parella están toda a tempada de cría reclamando constantemente.



Os seus reclamos emítenos case sempre dende outeiros (se dispoñen del) e de vez en cando mentres alzan o voo a certa altura. Un pequeno exemplo vese neste vídeo.


Pica papuda no seu hábitat.



Exemplar mudando en Agosto

Xuvenil

Espero que este post anime a máis xente a buscar este especie polo territorio galego en prol dun maior coñecemento da súa situación na nosa comunidade.