miércoles, 7 de noviembre de 2012

Hieraaetus fasciatus e Redondela


O pasado Sábado 3 de Novembro de regreso para a casa, puiden ver a altura de Rande (Redondela) un exemplar de Aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus). O exemplar voaba a pouca altura tenteando os campos a carón da estrada e acosado por algunhas gaivotas. Unha magoa non ter a cámara no coche.
Son poucos os rexistros de esta especie en Galicia. Un deles foi en 2011 onde unha femia do programa do programa de recuperación da especie en Madrid pegouse un garbeo por Galicia, cruzando a Serra do Suído e chegando ata Malpica.

Mapa de Manuel Galán do Grupo Grefa

Como non teño imaxes da Perdiceira poño unha desta Aguia real (Aquila chrysaetos) que se segue vendo pola Serra do Suído.



Tamén no Suído puiden ver fai uns días este exemplar de Tartaraña das Xunqueiras (Circus aeruginosus). É a primeira vez que vexo esta especie na serra onde se atopaba cazando moi activa en zona de matogueira e logo quedou repousando entre fentos secos.




Onte mesmo no Suído puiden ver este macho de Escribenta das Neves (Plectrophenax nivalis)




Algunha outra cita de interese foi este Mergullón Cristado (Podiceps cristatus) no encoro de Eiras


 
 e esta Pica costeira (Anthus petrosus) en Mougás (Oia).